Educadora Social
Envía una oferta de trabajo directamente a este candidato
Sempre estiven interesada en temas sociais, concretando a atención na intervención socioeducativa con persoas pertenecentes a minorías/en situación de risco de exclusión social. Para elo, profesionaliceime como Educadora Social. Teño experiencia no ámbito das familias, en saúde mental e con mulleres vítimas de violencia de xénero.
Tamén teño especial interese na educación sexual e o goce da animación sociocultural e do ocio e tempo libre, polo que compaxino a Educación Social co traballo de Monitora de Ocio e Tempo Libre.
Educadora Social na asociación PAIDEIA en Madrid acompañando a adolescentes en risco de exclusión social e monitora de ocio e tempo libre en dous campamentos e nun centro de ocio infantil.
Grao de Educadora Social, título de Monitora de Ocio e Tempo Libre, certificado en sensibilización en igualdade, primeiros auxilios e manipulación de alimentos, formación en violencia de xénero, violencia dixital… e voluntariado en saúde mental e con mulleres víctimas de violencia de xénero.